FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais

16 de Setembro de 2026

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a xornada “Soster para avanzar: aprendizaxes e estratexias para a sustentabilidade organizacional nas entidades de Plena inclusión”, que se celebrará o 24 de setembro de 2026 no Paraninfo da Universidade da Coruña. A xornada contará coa participación de AEDIGAL.
O encontro reunirá a persoas con responsabilidades de dirección, gobernanza e xestión para reflexionar sobre os retos de sustentabilidade das entidades do terceiro sector. O programa abordará cuestións como o bo goberno, o coidado dos equipos, a innovación, a calidade, o traballo en rede e a sustentabilidade económica das organizacións.
A xornada incluirá ademais a presentación de estudos impulsados por Plena inclusión e a Universidade da Coruña, así como espazos de intercambio de experiencias e debate sobre os desafíos de futuro do movemento asociativo.
As inscricións están abertas ata completar as 250 prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de solicitude. Para máis información sobre o evento e inscripcións, consultar a seguinte ligazón: https://www.plenainclusion.org/l/sostener-para-avanzar/

Máis noticias

AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…

Ler máis

A Secretaria Xeral de Emprego visita AEDIGAL e FADEMGA para coñecer os retos e oportunidades da inclusión laboral en Galicia

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026. A secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia,…

Ler máis

AEDIGAL asiste á presentación de novas ferramentas para mellorar a sustentabilidade das entidades sociais

A nosa asociación participou o pasado 21 de xullo na xornada organizada por FADEMGA Plena inclusión…

Ler máis