A IA tamén é cousa do terceiro sector
AEDIGAL organizou unha xornada presencial en Santiago de Compostela para achega-la aplicación práctica da intelixencia artificial ás súas entidades socias xunto a AEDIS.
A xornada “Aplicación práctica da IA: ferramentas para entidades sociais”, celebrada o 23 de xuño, contou cun total de 19 profesionais de 9 entidades do sector da discapacidade que traballaron con casos reais relacionados coa produtividade, a comunicación, a xestión de proxectos e os recursos humanos, ademais de experimentar coa creación de prompts, asistentes personalizados e a automatización de tarefas.
Esta iniciativa forma parte do compromiso de AEDIS e AEDIGAL por acompañar ás entidades na súa transformación dixital e facilita-lo acceso a ferramentas innovadoras que poidan mellora-los seus procesos.



Máis noticias
21 de Outubro de 2026
O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro
O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…
25 de Setembro de 2026
AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España
O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…
16 de Setembro de 2026
FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais
FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a…



