XORNADA: Aplicación práctica da IA para entidades sociais

15 de Xuño de 2026

Desde a AEDIGAL, en colaboración con AEDIS, organizamos a xornada:  “Aplicación práctica da IA: ferramentas para entidades sociais”,  un espazo formativo e práctico no que achegaremos a intelixencia artificial ao día a día das entidades, con ferramentas e solucións reais que permitirán mellorar a produtividade, optimizar tarefas e facilitar procesos clave.

A xornada terá un enfoque totalmente práctico e participativo, traballando con casos reais en ámbitos como a xestión, comunicación, proxectos ou recursos humanos, da man de especialistas de OLAWEE Academy.

Data: 23 de xuño de 2026
Horario: 9:30 – 13:30 h
Lugar: Área Empresarial do Tambre (Santiago de Compostela)
Dirixida a: profesionais e persoal técnico das entidades socias

Unha oportunidade para incorporarse á transformación dixital do terceiro sector e descubrir como a IA pode facilitar o traballo diario nas nosas organizacións.

Máis noticias

O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro

O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…

Ler máis

AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…

Ler máis

FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a…

Ler máis