Participamos na xornada de análise do contexto económico organizada pola CEP en Vigo

10 de Febreiro de 2026

A pasada semana tivemos a oportunidade de participar na xornada empresarial organizada pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP), celebrada o 3 de febreiro de 2026 en Vigo, na que o vicepresidente da CEOE e presidente do Instituto de Estudos Económicos (IEE), Íñigo Fernández de Mesa, realizou unha análise do panorama económico actual.

A xornada reuniu aos principais representantes empresariais da provincia de Pontevedra nun almorzo-coloquio celebrado no Hotel Attica 21 de Vigo, dirixido aos membros do Consello Asesor da CEP, asociacións adheridas e integrantes da Xunta de Vicepresidentes.

De maneira previa ao encontro, Fernández de Mesa visitou o Porto de Vigo acompañado por membros do Consello Asesor da CEP, onde puido coñecer de primeira man o funcionamento dun dos principais motores económicos da provincia, así como a súa relevancia en termos de actividade industrial, loxística, comercio exterior e xeración de emprego.

Durante o almorzo-coloquio, Íñigo Fernández de Mesa ofreceu unha conferencia centrada na situación económica actual e o seu impacto sobre a actividade empresarial, nun contexto marcado pola incerteza derivada dos cambios económicos e regulatorios. Na súa intervención, abordou cuestións como as tensións xeopolíticas, as políticas arancelarias internacionais e os seus efectos no comercio, así como a evolución da economía española.

Pola súa banda, o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, destacou na súa intervención de benvida a necesidade de contar con espazos de diálogo que permitan compartir perspectivas e extraer conclusións útiles para a xestión empresarial nun escenario de retos constantes.

Desde AEDIGAL valoramos de maneira moi positiva a participación neste tipo de encontros, que contribúen a unha información económica rigorosa, ao intercambio de coñecemento e ao fortalecemento do diálogo entre os distintos axentes do tecido produtivo.

Máis noticias

AEDIGAL foi beneficiaria da axuda do Programa de Cooperación 2025 da Xunta de Galicia

AEDIGAL vén de resultar beneficiaria da axuda concedida no marco do Programa de Cooperación 2025 da…

Ler máis

AEDIGAL

Patronais e sindicatos trasladamos á Xunta propostas urxentes para estabilizar o sector da discapacidade en Galicia

Dende as organizacións do sector advertimos que o actual modelo non garante nin a calidade nin a…

Ler máis

AEDIGAL recibe o apoio do Programa de Cooperación 2024 da Xunta de Galicia

AEDIGAL vén de recibir o apoio do Programa de Cooperación 2024 da Xunta de Galicia, ao abeiro da…

Ler máis