AEDIGAL foi beneficiaria da axuda do Programa de Cooperación 2025 da Xunta de Galicia
AEDIGAL vén de resultar beneficiaria da axuda concedida no marco do Programa de Cooperación 2025 da Xunta de Galicia (Orde do 4 de agosto de 2025).
Grazas a este apoio, a entidade poderá impulsar novas accións de fomento do emprego, permitindo reforzar o equipo humano e afianzar o seu compromiso social como entidade sen ánimo de lucro.
Este impulso supón un paso máis para seguir traballando con maior capacidade e estabilidade no desenvolvemento do noso sector, contribuíndo á xeración de oportunidades laborais de calidade e ao fortalecemento dun modelo de emprego comprometido coa cohesión social e o ben común.

Máis noticias
5 de Agosto de 2026
A Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia visita as oficinas de FADEMGA Plena inclusión Galicia e AEDIGAL
A secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Susana Pérez Iglesias, visitou hoxe as oficinas…
22 de Xullo de 2026
AEDIGAL asiste á presentación de novas ferramentas para mellorar a sustentabilidade das entidades sociais
A nosa asociación participou o pasado 21 de xullo na xornada organizada por FADEMGA Plena inclusión…
1 de Xullo de 2026
A IA tamén é cousa do terceiro sector
AEDIGAL organizou unha xornada presencial en Santiago de Compostela para achega-la aplicación…





