AEDIGAL recibe o apoio do Programa de Cooperación 2024 da Xunta de Galicia
AEDIGAL vén de recibir o apoio do Programa de Cooperación 2024 da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 30 de xullo de 2024.
Esta axuda permitirá á nosa entidade desenvolver novas accións de fomento do emprego, reforzando o seu equipo profesional e consolidando o seu compromiso social como entidade sen ánimo de lucro.
O apoio da Xunta de Galicia supón un impulso clave para continuar traballando con maior intensidade no desenvolvemento do sector, avanzando na creación de oportunidades laborais de calidade e no fortalecemento dun emprego máis estable, inclusivo e con impacto social positivo.

Máis noticias
9 de Novembro de 2026
Celebración do 30 aniversario da Fundación ADCOR: unha xornada de inclusión e colaboración
AEDIGAL felicita á Fundación ADCOR polo seu 30 aniversario. Fundada en 1996, a Fundación ADCOR ten…
23 de Outubro de 2026
Oferta de emprego en AEDIGAL
En AEDIGAL precisamos incorporar un/unha Técnico/a Administrativo/a (75% xornada) — contrato de 1…
21 de Outubro de 2026
O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro
O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…



