Oferta de emprego en AEDIGAL

23 de Outubro de 2026

En AEDIGAL precisamos incorporar un/unha Técnico/a Administrativo/a (75% xornada) — contrato de 1 ano (mediante subvención)

Resumo
Buscamos unha persoa con perfil de administrativa para incorporarse ao noso equipo en réxime de xornada parcial (75%) durante 12 meses, dentro dunha contratación vinculada á Subvención para entidades sen ánimo de lucro que contraten a persoas traballadoras desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e Social (TR352A). A persoa realizará tarefas contables e administrativas, xestión documental e soporte na organización de reunións e actividades vinculadas á entidade.

Responsabilidades principais

  • Xestión contable e facturación: rexistro de facturas, emisión e control, apoio no peche semanal.
  • Conciliación bancaria e control de cobros/pagos.
  • Atención de correos electrónicos e do teléfono; atención a entidades colaboradoras e organismos públicos.
  • Xestión documental e arquivo.
  • Organización das reunións.
  • Coordinación e comunicación coas entidades socias.
  • Elaboración de informes curtos; control e seguimento de tarefas puntuais e planificación.
  • Xestión e tramitación de subvencións.
  • Xestión da páxina web e das redes sociais: actualizacións básicas, publicacións e coordinación con provedores/voluntariado.

Perfil e requisitos

Situación: Estar desempregado/a e inscrito/a no servizo público de emprego de Galicia como demandante non ocupado/a, así como dispoñible para o emprego.

Formación: Técnico/a Superior en Administración, FP Administración, Administración e Finanzas, Economía ou similar.

Coñecementos: Contabilidade básica, facturación, conciliación bancaria, xestión documental.

Ofimática: Manexo de ferramentas ofimáticas (Excel, Word a nivel funcional), xestores de correo, WordPress; valórase experiencia en redes sociais.

Idiomas: Galego e castelán (oral e escrito) — imprescindible competencia para redactar actas e comunicados.

Habilidades: Organización, atención ao detalle, autonomía, discreción e capacidade para tratar con entidades públicas e privadas.

Valorable: Coñecementos sobre subvencións públicas e experiencia con programas de xestión contable.

Condicións do posto

  • Xornada: 75%
  • Duración: contrato temporal de 12 meses vinculado a subvención.
  • Retribución: segundo convenio.
  • Lugar de traballo: Vía Pasteur, 53-B. Polígono do Tambre. 15890, Santiago de Compostela.

Como presentar a candidatura
Enviar CV actualizado indicando dispoñibilidade a través do noso formulario web: https://aedigal.org/traballa-connosco/

Máis noticias

O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro

O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…

Ler máis

AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…

Ler máis

FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a…

Ler máis