AEDIGAL asiste á presentación de novas ferramentas para mellorar a sustentabilidade das entidades sociais

22 de Xullo de 2026

A nosa asociación participou o pasado 21 de xullo na xornada organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia para a presentación de novas ferramentas destinadas a medir e mellorar o impacto ambiental das entidades do terceiro sector.

Durante a sesión presentouse o Instrumento de medición de impacto ambiental, unha ferramenta práctica que permite ás organizacións avaliar de forma sinxela e rigorosa o impacto ambiental derivado da súa actividade diaria, identificando áreas de mellora e promovendo medidas concretas relacionadas co aforro enerxético, a redución de residuos, a mobilidade sostible ou o consumo responsable de recursos.

A xornada serviu tamén para dar a coñecer unha aplicación de sustentabilidade e un catálogo de accións e boas prácticas orientadas a avanzar cara a modelos de xestión máis eficientes, responsables e comprometidos co medio ambiente. As entidades interesadas en dispor de ambos recursos deberán enviar un correo electrónico ao enderezo a:

A presentación contou coa participación de Sara García, Sara González, Alejandro Fernández e Marta Rey, especialistas en Sustentabilidade e Innovación Social vinculados á Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade e ao Consello Social da Universidade da Coruña.

Desde AEDIGAL valoramos moi positivamente esta iniciativa, que contribúe a reforzar o compromiso das entidades sociais coa sustentabilidade ambiental e proporciona ferramentas útiles para integrar criterios ambientais na xestión diaria dos servizos e programas dirixidos ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

 

 

Máis noticias

O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro

O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…

Ler máis

AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…

Ler máis

FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a…

Ler máis