Nace Aedigal, a patronal galega da discapacidade intelectual

12 de Marzo de 2024

A Federación galega de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena inclusión Galicia) creou onte a patronal galega da discapacidade intelectual (Aedigal), que ven a “reivindicar, defender, representar e xestionar os intereses económicos e sociolaborais da entidades sen ánimo de lucro que a integran no ámbito autonómico de Galicia”.

Integrada por 24 e a propia Fademga, a súa xestora está formada por Eladio Fernández, (presidente), Marcelo de la Cruz, (secretario), Ramiro Fernández Rey (tesoureiro), e José Manuel Carballo, Juan Fontela e Javier García, vogais.

En palabras do representante da nova patronal, Eladio Fernández, “é esencial para que podamos manter o nivel de representatividade que temos. Trataríase dunha asociación patronal que engloba xa dende a súa creación a preto de 1.100 traballadores, co firme compromiso de ampliar esta base a curto prazo”.

O presidente tamén quixo recalcar que “as familias, somos os representantes legais das entidades e non se nos pode excluir. Por eso vemos a necesidade de crear esta patronal, promovida polas nosas asociacións. Estamos a falar de entidades que non teñen ánimo de lucro e que na súa maioría contan coa declaración de utilidade pública”

Entre os fins desta nova asociación, estará o de apoiar ás entidades membro nos procesos de cambio necesario para o cumprimento da Convención de Nacións Unidas dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, cambiar o sistema de negociación colectiva, representar ás empresas que a integran ante a Administración Pública, contribuír a un marco de relacións laboráis equilibrado e xusto entre empresas e traballadores ou apoiar ás entidades no proceso de creación, mantemento e mellora do emprego así como todo tipo de procesos que permitan a mellora contínua.

Máis noticias

A Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia visita as oficinas de FADEMGA Plena inclusión Galicia e AEDIGAL

A secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Susana Pérez Iglesias, visitou hoxe as oficinas…

Ler máis

AEDIGAL asiste á presentación de novas ferramentas para mellorar a sustentabilidade das entidades sociais

A nosa asociación participou o pasado 21 de xullo na xornada organizada por FADEMGA Plena inclusión…

Ler máis

A IA tamén é cousa do terceiro sector

AEDIGAL organizou unha xornada presencial en Santiago de Compostela para achega-la aplicación…

Ler máis