O novo CEE de Hospitalarias Betanzos reforza a rede de emprego inclusivo de AEDIGAL
A nosa entidade estivo presente na inauguración do novo Centro Especial de Emprego (CEE) de Hospitalarias Betanzos, un proxecto promovido pola Fundación Hospitalarias que se incorpora á rede de centros especiais de emprego asociados a AEDIGAL, contribuíndo a fortalecer o tecido galego de economía social e emprego inclusivo. O centro inicia a súa actividade cun equipo de 18 persoas traballadoras e cunha liña de negocio centrada na lavandería industrial.
Desde a nosa asociación valoramos moi positivamente a posta en marcha deste recurso, que amplía as oportunidades laborais para as persoas con discapacidade e reafirma o compromiso do sector coa creación de emprego de calidade. Os centros especiais de emprego constitúen unha ferramenta clave para favorecer a inclusión sociolaboral, promovendo contornas de traballo adaptadas, apoios individualizados e itinerarios de desenvolvemento profesional.
A incorporación do CEE de Hospitalarias Betanzos á rede de entidades asociadas a AEDIGAL supón un novo paso no fortalecemento dun modelo empresarial que combina sustentabilidade económica e impacto social, xerando oportunidades para que as persoas con discapacidade poidan exercer o seu dereito ao emprego en igualdade de condicións.
O acto inaugural contou coa asistencia de representantes institucionais, entre eles o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, quen destacou a importancia de seguir impulsando iniciativas que favorezan unha Galicia máis inclusiva e accesible para todas as persoas.
AEDIGAL celebra a creación de novos proxectos empresariais comprometidos coa inclusión e recoñecemos o papel das súas entidades asociadas na promoción dun emprego estable, digno e con apoios para as persoas con discapacidade.
A apertura deste novo centro evidencia que a colaboración entre o tecido empresarial social, as administracións e as entidades do sector segue a ser unha das vías máis eficaces para avanzar cara a unha inclusión real a través do emprego

Máis noticias
21 de Outubro de 2026
O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro
O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…
25 de Setembro de 2026
AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España
O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…
16 de Setembro de 2026
FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais
FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a…



