AEDIGAL participa no I Congreso Internacional sobre o Emprego de Persoas con Discapacidade Intelectual
AEDIGAL participa esta semana no I Congreso Internacional sobre o Emprego de Persoas con Discapacidade Intelectual, que se celebra no Palacio da Magdalena de Santander e reúne a máis de 300 profesionais, representantes das administracións públicas, empresas, entidades sociais e persoas con discapacidade intelectual.
A representación galega está integrada por profesionais da área de Emprego e Formación das entidades, así como pola presidencia e representantes de AEDIGAL. O encontro constitúe un espazo de reflexión e intercambio de experiencias sobre os principais retos e oportunidades para favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
Ao longo do congreso abordaranse cuestións clave como a formación, as políticas de emprego, a contratación pública, a colaboración co tecido empresarial e a necesidade de impulsar medidas que garantan maiores oportunidades laborais para as persoas con especiais dificultades de acceso ao emprego.
Desde AEDIGAL valoramos moi positivamente a celebración deste foro, que permite compartir coñecemento, coñecer boas prácticas e avanzar cara a un mercado laboral máis inclusivo e accesible para todas as persoas.
Máis información: https://congresoempleoaedis.com/

Máis noticias
9 de Novembro de 2026
Celebración do 30 aniversario da Fundación ADCOR: unha xornada de inclusión e colaboración
AEDIGAL felicita á Fundación ADCOR polo seu 30 aniversario. Fundada en 1996, a Fundación ADCOR ten…
23 de Outubro de 2026
Oferta de emprego en AEDIGAL
¡PROCESO DE SELECCIÓN PECHADO! NON SE ACEPTAN MÁIS CANDIDATURAS. En AEDIGAL precisamos…
21 de Outubro de 2026
O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro
O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…



