Celebración do 30 aniversario da Fundación ADCOR: unha xornada de inclusión e colaboración

9 de Novembro de 2026

AEDIGAL felicita á Fundación ADCOR polo seu 30 aniversario. Fundada en 1996, a Fundación ADCOR ten traballado para ofrecer servizos esenciais que abren novas oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Este compromiso reflíctese nunha ampla gama de programas que inclúen formación, emprego e apoio familiar, e no que o seu Centro Especial de Emprego, Dislabora Coruña SLU, unha das nosas entidades socias, ten sido un aliado clave nese camiño.

O evento, celebrado o pasado 6 de novembro na Fundación Barrié de A Coruña, contou ca presenza de representantes de AEDIGAL, reforzando a importancia da colaboración entre entidades do terceiro sector.

A xornada de celebración deste aniversario foi unha oportunidade para recoñecer o impacto positivo que Fundación ADCOR ten nas vidas de tantas persoas. Cunha visión posta no futuro, a fundación continúa innovando e expandindo os seus servizos para adaptarse ás necesidades cambiantes da comunidade.

Desde AEDIGAL felicitamos á Fundación ADCOR e a Dislabora Coruña SLU por tres décadas de compromiso coas persoas con discapacidade intelectual, e celebramos a súa continuada labor na construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.

 

 

Imaxe 1 César Quián  –  La Voz de Galicia
Imaxe 2 – Concello de A Coruña

Máis noticias

Oferta de emprego en AEDIGAL

¡PROCESO DE SELECCIÓN PECHADO! NON SE ACEPTAN MÁIS CANDIDATURAS.   En AEDIGAL precisamos…

Ler máis

O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro

O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…

Ler máis

AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…

Ler máis