AEDIGAL celebra a súa Asemblea Xeral 2026
O pasado 29 de maio, a Asociación celebrou a súa Asemblea Xeral 2026 na sede de AEDIGAL, en Santiago de Compostela, reunindo ás entidades socias nun espazo clave de participación, avaliación e planificación conxunta.
Durante a xornada abordáronse os principais asuntos da organización, incluíndo a aprobación da memoria de actividades 2025 e das contas anuais, así como a presentación das liñas estratéxicas para o presente exercicio.
Un dos momentos destacados da asemblea foi a incorporación dunha nova entidade, a Asociación AMICOS, que pasa a formar parte da Asociación, reforzando o movemento asociativo e o traballo en rede en favor das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.
Así mesmo, AEDIGAL reafirmou o seu compromiso de seguir defendendo os dereitos do sector, facendo especial fincapé na necesidade de que a Administración autonómica cumpra cos acordos asinados no ano 2025 en materia de financiamento das entidades, fundamentais para garantir a sustentabilidade dos servizos.
A asemblea volveu poñer de manifesto a importancia da colaboración entre entidades e o compromiso compartido coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, consolidando a Asociación como espazo de coordinación, representación e impulso do sector.

Máis noticias
21 de Outubro de 2026
O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro
O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…
25 de Setembro de 2026
AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España
O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…
16 de Setembro de 2026
FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais
FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a…



