AEDIGAL asiste á entrega dos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026

22 de Xuño de 2026

AEDIGAL asiste ao acto de entrega dos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026, promovidos pola Xunta de Galicia para visibilizar o talento e o liderado feminino na economía social galega. No acto organizado pola cooperativa galega Abeluria, participaron as directoras xerais de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, xunto coa directora xerente de Espazo COOP, Lucía Mendoza.

Este evento puxo o broche final ao programa Medrando Xuntas, desenvolvido desde o mes de abril, que incluíu formacións, encontros e accións de visibilización dirixidas a fortalecer a participación das mulleres nas entidades da economía social.

No acto distinguíronse iniciativas en tres categorías clave: impacto social, innovación e sostibilidade, destacando proxectos que contribúen á inclusión social, á mellora da calidade de vida e ao desenvolvemento comunitario.

A presenza de AEDIGAL neste encontro reforza o compromiso co impulso da economía social e coa promoción de modelos máis inclusivos, en especial no ámbito das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Máis noticias

O presidente de AEDIGAL acompaña a ASPANANE na inauguración do seu novo fogar residencial pioneiro

O presidente de AEDIGAL, Eladio Fernández, acudiu á inauguración do novo Fogar Residencial de…

Ler máis

AEDIGAL participa na xornada estatal de sustentabilidade de Plena inclusión España

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de AEDIGAL, Eladio Fernández, participou o pasado…

Ler máis

FADEMGA e Plena inclusión España organizan unha xornada sobre estratexias para fortalecer as entidades sociais

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Plena inclusión España abriron o prazo de inscrición para a…

Ler máis