Nace Aedigal, a patronal galega da discapacidade intelectual
A Federación galega de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena inclusión Galicia) creou onte a patronal galega da discapacidade intelectual (Aedigal), que ven a “reivindicar, defender, representar e xestionar os intereses económicos e sociolaborais da entidades sen ánimo de lucro que a integran no ámbito autonómico de Galicia”.
Integrada por 24 e a propia Fademga, a súa xestora está formada por Eladio Fernández, (presidente), Marcelo de la Cruz, (secretario), Ramiro Fernández Rey (tesoureiro), e José Manuel Carballo, Juan Fontela e Javier García, vogais.
En palabras do representante da nova patronal, Eladio Fernández, “é esencial para que podamos manter o nivel de representatividade que temos. Trataríase dunha asociación patronal que engloba xa dende a súa creación a preto de 1.100 traballadores, co firme compromiso de ampliar esta base a curto prazo”.
O presidente tamén quixo recalcar que “as familias, somos os representantes legais das entidades e non se nos pode excluir. Por eso vemos a necesidade de crear esta patronal, promovida polas nosas asociacións. Estamos a falar de entidades que non teñen ánimo de lucro e que na súa maioría contan coa declaración de utilidade pública”
Entre os fins desta nova asociación, estará o de apoiar ás entidades membro nos procesos de cambio necesario para o cumprimento da Convención de Nacións Unidas dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, cambiar o sistema de negociación colectiva, representar ás empresas que a integran ante a Administración Pública, contribuír a un marco de relacións laboráis equilibrado e xusto entre empresas e traballadores ou apoiar ás entidades no proceso de creación, mantemento e mellora do emprego así como todo tipo de procesos que permitan a mellora contínua.

Máis noticias
10 de Febreiro de 2026
Participamos na xornada de análise do contexto económico organizada pola CEP en Vigo
A pasada semana tivemos a oportunidade de participar na xornada empresarial organizada pola…
10 de Agosto de 2025
AEDIGAL foi beneficiaria da axuda do Programa de Cooperación 2025 da Xunta de Galicia
AEDIGAL vén de resultar beneficiaria da axuda concedida no marco do Programa de Cooperación 2025 da…
30 de Xullo de 2025
Patronais e sindicatos trasladamos á Xunta propostas urxentes para estabilizar o sector da discapacidade en Galicia
Dende as organizacións do sector advertimos que o actual modelo non garante nin a calidade nin a…




