Quen somos?

A Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento de Galicia (AEDIGAL) é un faro de esperanza e progreso na nosa comunidade. Fundada o 16 de decembro de 2020, AEDIGAL é unha organización empresarial sen ánimo de lucro, promovida por FADEMGA Plena inclusión Galicia e con actuación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A nosa misión

En AEDIGAL, traballamos incansablemente para reivindicar, defender, representar e xestionar os intereses económicos e socio-laborais das empresas que nos integran. A nosa misión vai máis aló: tamén representamos a nivel colectivo, buscando unha mellora continua para as empresas vinculadas, integradas e afíns ao tecido asociativo galego en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

O noso Alcance

Aínda que desenvolvemos a nosa actividade principalmente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, temos a vista posta onde sexa preciso, segundo os intereses dos nosos asociados: a nivel nacional, europeo ou internacional.

As nosas comisións sectoriais

AEDIGAL conta con tres comisións sectoriais que traballan arreo para determinar necesidades, obxectivos e propostas de acción relacionadas co sector da discapacidade intelectual e do desenvolvemento galego:

1.Servizos Sociais
2.Emprego
3.Educación.

SAUDO DO PRESIDENTE

Dámosvos a benvida a AEDIGAL, unha organización empresarial que nace coa convicción de que o sector da discapacidade intelectual e do desenvolvemento é clave para construír unha Galicia máis xusta, cohesionada e con futuro.

Desde AEDIGAL traballamos para representar, fortalecer e dar voz ás entidades empresariais do sector, defendendo os seus intereses comúns e promovendo un marco estable que faga posible un emprego digno, sostible e de calidade. Cremos nun modelo empresarial comprometido coas persoas, coa innovación social e coa responsabilidade colectiva.

Como patronal, asumimos o reto de impulsar o diálogo social, a cooperación institucional e a profesionalización do sector, apostando pola mellora continua, pola eficiencia na xestión e polo recoñecemento do valor económico e social que achegan as nosas entidades á sociedade galega.

AEDIGAL é un espazo de encontro, de reflexión e de acción compartida. Un lugar desde o que sumar esforzos, anticipar retos e construír respostas colectivas aos desafíos presentes e futuros.

Con esta web queremos achegarvos á nosa actividade, aos nosos valores e ás persoas e entidades que fan posible AEDIGAL. Convidámosvos a coñecernos, a compartir camiño e a seguir avanzando xuntos e xuntas.

Eladio Fernández
Presidente de AEDIGAL

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTE: Eladio Férnandez Pérez – Candidato de Agasfra

VICEPRESIDENTE: Antonio Javier García Sánchez – Designado por Fademga

SECRETARIO: Jose Manuel Roberto Carballo Cabezas – Candidato de Aspanaex

TESOUREIRO: Juan Jesús Fontela Pérez – Candidato de Servizos Lamastelle

VOGAL: Carmen Esther Taboada García – Designada por Fademga

VOGAL: Mª Carmen González Lagarón – Designada por Fademga

VOGAL: Manuel Vilariño Quintáns – Candidato de Aspas

VOGAL: Mª Elena Santos Cociña – Candidata de Aspanane

ENTIDADES SOCIAS DE AEDIGAL

Mapa socios

29

ENTIDADES

1140

TRABALLADORES/AS

89

CENTROS DE TRABALLO

Somos membros de

logo cep

No 2022 AEDIGAL confirmou a súa alta como membro na Confederación de Empresarios de Pontevedra.

AEDIGAL, en calidade de organización empresarial que defende os intereses dos centros especiais de formación e emprego, residencias, vivendas tuteladas, centros de día e centros ocupacionais dos que son titulares as entidades ás que representa, solicitou no 2022 a súa integración na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

De forma paralela á solicitude de integración, Jorge Cebreiros e Eladio Fernández, presidentes da Confederación e de AEDIGAL, respectivamente, asinaron un convenio de colaboración que ten como principal finalidade, intercambiar e compartir información, co fin de poñer en coñecemento das súas empresas e organizacións integradas as actividades e proxectos de interese mutuo.

Como parte desta cooperación, darase a coñecer o labor social de AEDIGAL á vez que se informará da importancia de integrar na contorna empresarial a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Cabe lembrar que entre as funcións de AEDIGAL, destaca a xestión adecuada da diversidade, para lograr unha integración laboral dos usuarios sen menoscabo da rendibilidade económica e social.

Ademais, a nosa patronal informará e asesorará ás empresas interesadas en contratar a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento ou con risco de exclusión social das subvencións, bonificacións e axudas dispoñibles. Fará o propio coas existentes para a formación e adaptación ao posto de traballo deste colectivo.

O convenio asinado por ambas entidades tamén contempla a elaboración de programas formativos e de inserción laboral, ou a promoción de proxectos de interese común financiados con fondos estatais, autonómicos ou locais. A Confederación, pola súa banda, facilitará a difusión das actividades de AEDIGAL promovendo a súa presentación a outras asociacións xa integradas, para expor sinerxías e colaboracións entre elas.

logo ceo

No 2023 AEDIGAL confirmou a súa alta como membro na Confederación de Empresarial de Ourense (CEO).

AEDIGAL, en calidade de organización empresarial que defende os intereses dos centros especiais de formación e emprego, residencias, vivendas tuteladas, centros de día e centros ocupacionais dos que son titulares as entidades ás que representa, solicitou no 2023 a súa integración na Confederación Empresarial de Ourense.

De forma paralela á solicitude de integración na CEO a Xunta Directiva de AEDIGAL mantivo unha xuntanza para a presentación e primeira toma de contacto coa Confederación de Empresarios de A Coruña -CEC-. A patronal da discapacidade intelectual prosegue no camiño de ter representación nas patronais provinciais galegas e así lograr peso específico nos espazos de decisión empresariais de ámbito autonómico.

logo aedis

AEDIS participa directamente na negociación do Convenio colectivo xeneral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, de ámbito nacional,

e acorda co resto de interlocutores sociais marcos xerais de referencia de relacións laborais e convenios colectivos, apoiando ás asociacións empresariais socias nos seus procesos de negociación de convenios colectivos autonómicos e ás súas entidades nas negociacións particulares de convenios de empresa.

Durante o 2023 a Asociación Empresarial para la Discapaciad (AEDIS), ratificou en Reunión de Asemblea Xeral a alta de AEDIGAL como patronal autonómica galega. A comezos do 2024 a xerente da patronal estatal visitou Galicia para explicar as vantaxes de pertencer a AEDIS e os servizos dos que poden dispoñer.

Colaboracións e apoio técnico

logo fademga

FADEMGA Plena inclusión Galicia xoga un papel esencial no nacemento, consolidación e proxección de AEDIGAL como patronal galega da discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Foi desde o impulso do movemento asociativo liderado pola federación desde onde se fixo posible dar resposta a unha necesidade largamente identificada polo sector: contar cunha organización empresarial propia, forte e representativa no ámbito autonómico.

Axudas recibidas

logo kitdigital

Kit dixital

AEDIGAL resultou beneficiaria do programa Kit Dixital para a construción da súa páxina web; recibiu 2000€ nesta convocatoria e contará coa apoio de Inforhouse S.l como axente dixitalizador no deseño e soporte do seu espazo web. Ser beneficiaria do Kit facilitaralle á patronal un progreso significativo nos seus niveis de madurez dixital e permitiralles avanzar na dixitalización de áreas chave como presencia na internet.

Noticias

Ver máis noticias